Ola a tod@s familias, UN DÍA MENOS!
Dende o equipo de infantil pensamos que podiamos propoñervos retos semanais para ter entretidos aos vos@s peques e á vez que disfrutedes en familia.
O reto desta semana titúlase "TAPÓNS".
Tratáse de facer calquera actividade que se vos ocorra reutilizando tapóns que teñades pola casa: do leite, da auga …
Tratáse de facer calquera actividade que se vos ocorra reutilizando tapóns que teñades pola casa: do leite, da auga …
Aquí vos presentamos dúas actividades que se nos ocorreron a nós pero podedes facer o que vós queirades: xogar á búsqueda do tapón, facer xogos de números, de cores, rodas para vehículos, un futbolín cos tapóns como xogadores…. DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN E A D@S NEN@S!
ANTES DE VER O SEGUINTE VÍDEO QUEREMOS QUE SAIBADES QUE ESTAMOS AQUÍ PARA O QUE PRECISEDES, INTENTANDO ACOMPAÑARVOS NA MEDIDA NA QUE NOS PERMITE A SITUACIÓN ACTUAL. BESOS E APERTAS PARA TOD@S
Tedes na páxina principal un "MURO DOS RETOS" onde podedes subir as vosas fotos ou vídeos cos retos realizados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!