martes, 31 de marzo de 2020

EU TEÑO UNHA CASIÑA QUE É ASÍ E ASÍ ...

Ola chic@s !!!
   Hoxe imos facer unha manualidade moi sinxela con materiais que tod@s temos na casa.
Se o necesitamos podemos pedir axuda a papá, a mamá ou aos nosos irmáns maiores que seguro nos botan unha man.
Imos necesitar os seguintes materiais:
                                                              - un folio
                                                              - pinturas ou rotuladores
Preparados que empezamos!!!



Dobramos o papel pola metade:




Dobramos as dúas esquinas:



E abrimos o papel para facer a forma das casiñas:



Agora xa podemos debuxar as xanelas, a porta, o tellado, a cheminea ...




E tamén podemos engadir un sol, nubes, flores... ou o que máis nos guste: árbores, coches ....



Agora só queda colorear e decorar como prefirades:



Así quedou a miña casiña. Espero que vos guste!!!


Deixo un vídeo por se vos resulta máis sinxelo:


MOITO ÁNIMO E BIQUIÑOS PARA TOD@S !!

E si queredes podedes subir as fotos das vosas casas. Seguro que quedan preciosas !!!



Hecho con Padlet










5 comentarios:

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!