Dada a situación que estamos a vivir, hoxe vos propoño un experimento moi sinxelo dada a importancia de lavar ben, moi ben as mans.
QUE PRECISAMOS?
Auga, pementa negra, xabón (mellor lavavaixelas) e recipientes brancos.
COMO FACEMOS?
Primeira toma de contacto cos materiais e aproveitamos para comentar para que empregamos a pementa, tocala, ulila, coidadiño con probala!!! Picaaa abondoooo!!
Neste caso imos usar a nosa imaxinación e a pementa negra son os xermes. Eses bechiños invisibles que temos nas mans e ás veces fan que nos poñamos maliños.
Comenzamos????
Primeiro poñemos auga no prato ou calquera recipiente que teñades branco. Botamos un pouco de pementa negra (non botar máis da conta).
Metemos un dedo no plato e comprobamos que pasa...
Ó sacar o dedo a pementa quedouse pegada no dedoooooo....
Está cheo de bechiñooooss!!😨
Agora imos comprobar que pasa si mollamos outro dedo no xabón e facemos o mesmo.....
MAXIA!! OOOOOH! BECHIÑOS FÓRA!!
OLLADE, OLLADE!!
Xa sabedes moi importante lavarse moi ben as mans.
Animádevos a facelo é moi sinxelo!!



Miguel y Roi han flipado cuand todos los coronavirus escaparon del jabón. Desde ayer, el jabón es nuestra arma letal. Un abrazo
ResponderEliminarJi Ji!! Alégrome moito que gozarades con este experimento. E deste xeito, dunha maneira divertida concienciar a tod@s que TODO VAI SAÍR BEN!!
ResponderEliminarA Antón (6ºA)e Aroa (4ºA)gustoulles moito, quixeron repetir o experimento outra vez!!!
ResponderEliminarQue ledicia!! Segurísimo que non vai quedar ningún xerme!! Biquiños!!
ResponderEliminar