Comezamos!
Materiais:
- Garbanzos.
- Témperas de diferentes cores (ou calquera outro material do que dispoñamos para pintar garbanzos)
- Recipiente para pintar.
- Caixas, hueveras, vasos de iogur ou calquera contenedor que teñamos pola casa.
1º.- Empregamos un recipiente para poder pintar. Botamos unha presa de garbanzos e pintamos, imos repetindo o mesmo con cada cor das que dispoñemos.
2º.- Cos garbanzos mollados, usamos un folio e movémolos pola superficie pintando cos garbanzos.
Seguro que se nos ocorre algo para empregar ese folio de cores!

3º.- Empregando as mesmas cores pintamos as caixas, podemos empregar hueveras, vasiños de iogur ou calquera outro recipiente que teñades pola casa.
4º.- Unha vez estean secos xa temos todo preparado para facer clasificacións.Segundo o nivel de desenvolvemento de cada neno/a, pódense empregar para diferentes actividades:
- Clasificar os garbanzos por cores, cada unha no seu oco e nomeando as cores que se están a empregar.
- Contar cantos garbanzos hai de cada cor.
- Buscar cal é a cor na que hai máis garbanzos e na que hai menos.
- Colocar cada número ao lado da cantidade que representa (podemos facer tarxetas cos números con papel e rotu).
- Facer unha serie ascendente e outra descendente, colocando a tarxeta do número e os garbanzos que corresponden a ese número en fila encima do mesmo.
- Tirar un dado, escoller unha cor, e poñer tantos garbanzos desa cor como nos manda o número que sale no dado.
- Iniciarse na suma empregando dúas cores, contamos os garbanzos que hai por separado de cada cor e os que hai cando xuntamos as dúas cores.
- Mesturar garbanzos de dúas cores, contalos en total e logo clasificalos nas cores correspondentes. Buscar con outras cores, diferentes formas de colocar os garbanzos para que nos salga o mesmo número que tiñamos ao principio (que o número total non sexa superior a 10 para traballar a descomposición).
- Calquera outra actividade que se vos poida ocorrer. As posibilidades son infinitas.
5º.- Despois de xogar deben recoller todo, non vos vamos a enganar, os garbanzos acabarán polo suelo, e outra actividade interesante é traballar a pinza motriz ao recollelos. Se empregamos unha caixa, bote de colacao ou calquera recipiente que teñamos na casa para gardalos, é un material que podedes empregar todas as veces que desexedes.
Moito ánimo! Esperamos que vos guste a actividade!
Xa queda menos para vernos.
TODO SAIRÁ BEN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!