Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIMENTOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

POMPAS DE CORES

  Ola científic@s!
 Esta semana propóñovos un  experimento moi divertido.
  Precisamos:
   1 vaso de auga
   Medio vaso de deterxente líquido para lavar pratos.
   Un  bo chorro  de glicerina ou xel fixador do pelo ("gomina").
   Colorante alimentario, témpera ou acuarelas.
   Palliñas...
   Procedemento:
   Primero  mesturamos ben nunha xerra os ingredientes (auga máis deterxente líquido e logo o xel fixador). Se queredes mellorar os resultados podedes deixar a reposar un día enteiro.
   Despois podedes repartir o líquido en diferentes botes e poñer en cada un unhas gotas de colorante, témpera disolta ou acuarelas según escollades.
   Finalmente, meter palliñas en cada bote, remexedes un pouquiño e a probar se saen. Podedes probar cun embude, escurridor de xoguete, varias palliñas xuntas, cunha botella cortada pola metade,...   O que se vos ocorra para facer pompas diferentes.
 

Tamén podedes crear un fondo con pompas de cores nun folio, cartolina, mantel de papel,.. Despois da diversión,  unha vez que as pompas desaparezan vos quedarán as figuras artísticas.
Asegurádevos de protexer a roupa e a superficie!!

Unha vez seco o papel pódese empregar para diversas manualidades.

Animádevos a facer pompas de cores!!

Agardo que gocedes moito!!

Moitos biquiños para tod@s!!


xoves, 4 de xuño de 2020

CORRENTES DE AZUCRE

      Ola científicos e científicas!!
   Hoxe propóñovos un experimento sinxeliño. Comenzamos??

     En primeiro lugar preparamos o material, neste caso precisamos: un prato, lacasitos ou m&m's e  auga.
     Nun prato  colocamos unha serie de lacasitos, intercalando uns e outros. Podemos facer unha gran variedade de formas. Ao mesmo tempo traballando a motricidade fina e lóxico- matemática: contando cantos dunha determinada cor, facendo seriacións (verde- vermello,  azul- amarelo - laranxa,...) entre outros como a creatividade. Ollade algúns exemplos!


Logo  agregamos un pouco de auga  para crear unha fina capa de líquido. Coidadiño e non axitar o prato coa auga! 

Deste xeito,  pouco a pouco ollamos como as cores iranse fundindo e mesturándose entre sí. 
Abraiante!!

Animádevos a crear a vosa obra de chocolate de cores??

Agardo que gocedes con estas correntes de azucre!!

Biquiños para tod@s!


    


      


xoves, 28 de maio de 2020

TINTA MÁXICA

 Ola  científic@s!!
    Esta semana un experimento moi sinxeliño...  Comenzamos??
    Preparamos o material: folio, bastonciño ou pincel, limón e unha candea.

  O primeiro que temos que facer cortar un limón.  Deseguido  premer medio  limón é  suficiente.
    Logo debuxamos ou escribimos mollando o bastoncillo ou pincel no zume de limón. E  deixamos secar ben.
   Por último,  coa axuda dun adulto e con paciencia dámoslle calor, pasando o folio por riba da candea.      
              
Tachán!!!
Animádevos a escribir a vosa mensaxe segreda??
Agardo que gocedes con este experimento.
Biquiños para tod@s!!

xoves, 21 de maio de 2020

CHOIVA DE CORES

Ola científicos e científicas!!
  
   Seguimos co noso pequeno laboratorio na cociña. Para este  experimento  precisamos un vaso con aceite, colorante alimentario e un bote ou xerra con auga. 
 

   Primeiro  botamos varias  pingas de colorante alimentario no vaso con aceite e logo remexemos.

E logo o último paso.... Ollade, ollade!!


                Agora  podedes  ollar a choiva  incluso en  días solleiros!!



Disfrutade  moito!!

Biquiños para tod@s!!



mércores, 20 de maio de 2020

Música con Mariana!

Ola familias!!!

A profe Mariana de Música fixo unha proposta que nos encantou para todos/as os/as alumnos/as do cole. 
Podedes acceder

xoves, 14 de maio de 2020

QUE SUCEDERÁ?

         Ola a tod@s!
     
      Hoxe convertirémonos en científic@s!!  Para experimentar como profesionais temos que seguir unha serie de pasos e a familia vainos a apoiar (non a facer por nós).
       Primeiro preparamos o material, neste caso precisamos un cd, recipiente con auga e unha lanterna.
       Collemos un recipiente e enchemos un pouco de auga, mergullamos o cd... e cunha lanterna....

        Logo plantexamos unha hipótese:  que pasará??   Podemos escribir nun papel ou ben debuxar esa hipótese.
       Seguidamente levamos a cabo o experimento e comprobamos se esa hipótese inicial foi certa ou non.
       E por último, podemos rexistrar os resultados cun debuxo.
                 
                         Déixovos unha pista...   
        

                       Agardamos que vos guste!! 
                        Biquiños para tod@s!!

       


       


xoves, 7 de maio de 2020

AREA MÁXICA

   Ola a tod@s!!
  
     Hoxe propoñémosvos  experimentar con area máxica, unha masa branda e suave ao tacto. A textura é moi semellante a area da praia que nos permite facer formas  do máis variadas con ou  sen moldes, deixando que @s nen@s deixen voar a súa imaxinación e creatividade. Escribir letras, números, facer trazos con ou sen modelo, ... deste xeito aprenden xogando.  Para facelo máis atractivo podedes empregar colorante para tinguir a area.
     Precisamos:
   1 taza de area fina
   1 culleriña e media de fécula  de millo
   1 culleriña de xabón líquido
   Un pouco de auga 
   
    Comenzamos??
     Colocamos nun bol a area fina (eu collín un pouco de area dun tope de porta) e a fécula de millo.   Agregamos unha culleriña de xabón e un pouco de auga mesturando ben ata que a masa teña consistencia.
    
     Logo deixamos secar entre dúas horas  máis ou menos. 
      

E pasado ese tempo, xa teremos a masa lista para xogar!
     Se vos gusta podedes ampliar as cantidades para ter máis posibilidades de xogo.
Gárdase en tarros herméticos e dura máis tempo, no caso de que a area entre xogo e xogo se seque, podedes agregar un  chisco de auga xabonosa. Deste xeito, restaurará a consistencia desexada.

     Se non tedes area, outra versión é empregando 8 tazas de fariña cunha taza de aceite de bebé (ou outro aceite), mesturando ben estes ingredientes xa temos outra versión desta masa sensorial. Podedes poñer tazas, culleres, outros xoguetes que teñades...
        
            XOGADE, CREADE E GOZADE XUNTOS!!
           E logo toca unha boa limpeza pero vale a pena!!
Biquiños para tod@s!!

  

xoves, 30 de abril de 2020

MARMOREANDO!!

  Ola a tod@s!!

 Hoxe  propóñovos  experimentar con  espuma de afeitar!!  
 No caso de que non teñades, podedes probar con nata mellor a caseira. Xa que a nata mercada non ten tanta consistencia.
 Precisamos:
   Unha fonte ou cubeta.
   Espuma de afeitar.
   Colorante alimentario.
   Escarvadente ou pauciño.
   Un anaco de cartón ou papel de cociña.
   Cartolina, tesoira e rotus.

  Primeiro poñemos espuma de afeitar nunha fonte e logo botamos pingas de colorante alimentario..

  Unha vez cuberta a superficie de moitas pingas de cores, coa axuda dun escarvadente, pauciño, o que teñades á man, imos  facendo un debuxo  para logo crear a nosa composición.

  Importante non remexer continuamente para que non resulte fallida esta experiencia. Así, poderíamos facer os debuxos que queiramos!!




   Despois poderíamos plasmar a nosa creación nunha cartolina. Simplemente teríamos que presionar a cartolina e agardar un chisquiño.






   Deseguido levantamos a cartolina e coa axuda dun cartón retiramos a espuma (poñemos sobre un xornal para que @s nen@s lles sexa máis doado retirar a espuma), se queda algún resto podémolo retirar co papel de cociña. E ollamos como quedou impresa a nosa obra de arte!! Deixandoa sobre o xornal para que seque. 


  Permite debuxos do máis variado podendo volver a empregar outra vez, simplemente teríamos que botar outras pingas de cores e facer os debuxos coa axuda do escarvadente, pauciño...  Cada unha será unha creación única!!



       Estaba pensando que unha vez feita a nosa creación e xa que se acerca o día da Nai.... Aínda que nos lembrarmos  delas todo o ano, non estaría de máis que tiveramos un detalliño con elas, verdade?


     Entón poderíamos facer unha tarxeta cun debuxo e unha palabriñas bonitiñas ou o que se vos ocorra. Vos parece??
  
  Eu fixen unha para a miña nai! 



                                   Ssssssssssssssh!!!  Que é unha sorpresa!!😉

 Agardo que vos guste esta experiencia!!

Xa comentaredes con que vos sorprenden os vosos peques!!

Biquiños para tod@s!!























xoves, 23 de abril de 2020

EXPLOSIÓN DE CORES!!

 Ola  a  tod@s!!

   Hoxe  vos  propoño unha experiencia moi sinxeliña, simplemente precisamos o seguinte:
Leite, mellor enteira.

Colorante alimentario.

Xabón de cociña.

Bastoncillo ou escarvadente.

Prato fondo ou unha  fonte.

 
  
   Primeiro botamos un pouco de leite (unha capa fina) que cubra o prato ou a fonte.

  
 Logo botamos tres gotiñas de colorante alimentario, un chisco separados.


Seguidamente co bastoncillo, tamén serve un escarvadente mollamos un pouco en xabón e imos tocando as cores...    Ollade e comprobade o que pasa...






  MÁXICO!! As cores vanse mesturando e creando outras novas. Coa axuda dun escarvadente limpo e con coidado podemos remexer un pouco as cores.

   Xa que estamos na primavera  e con esta explosión de cores....  Que vos parece se facemos unhas bolboretas??  

   Precisamos un filtro de café, mollamos nesa mestura e logo deixamos secar sobre un xornal. (Para non manchar os dediños podedes empregar unhas luvas)
  


    Unha vez seco cortamos próximo á marxe do filtro, así obtemos dous círculos. Non teñen que ser perfectos!!



   Finalmente pregamos o filtro coma un abano ou simplemente xuntar pola metade as dúas partes coa axuda dun limpapipas. Imos enroscando e dándolle forma a nosa bolboreta.


              Listooooo!! Xa podemos decorar, xogar,..... coa bolboreta!!

                              A miña xa atopou o seu  lugar!!  Jijijii

               Agardo  que vos guste  e pasedes un ratiño entretid@s!!
       
                Xa comentaredes como quedaron as vosas bolboretas!!


xoves, 16 de abril de 2020

A PESCAR!!


 Ola a tod@s!!

 Hoxe vos propoño unha reflexión...
  Como facemos xeo?  Ollaches xeo de cores? ...
   Unha vez debatido sobre o tema, a continuación procedemos ....
   
   Tanto a solidificación como a fusión son dous cambios de estado, neste caso da auga. Así, a solidificación acontece ao pasar a auga líquida a sólida por un descenso da temperatura (en cubetas no conxelador). E a fusión é o paso contrario, o paso de sólido a líquido, pola calor sometido ó xeo que se derrite e pasa a un estado líquido.



   Podedelo comprobar botando auga quente nun vaso e logo por riba un coador con tres xeos, parte da auga quente convírtese en vapor. E o vapor que está debaixo do xeo volve a enfriarse e se transforma en auga. Esto chámase condensación.  
   Deste xeito, pequenas gotas de auga quedan suspendidas no aire formando a néboa.

    É un experimento sinxelo, fácil e divertido; sendo os nen@s os protagonistas en todo momento.

    Unha vez aclarado un pouco,  voltamos a pregunta inicial...  Pescamos xeo?? Si, si pescamos xeo pero como??

     Botamos auga nun vaso ou nunha fonte transparente  e dentro varios xeos. Logo cortamos fíos, lás ....un pouco longos que nos permitan coller por ambos lados. Deixamos que os peques intente pescar os xeos...

       


    Non sodes capaces???  Tedes que botar unhas areiñas de sal sobre o xeo e o fío ou lá. Agardades uns minutiños e intentadeo novamente.





 O sal derretirá o xeo e a auga fría volverá a formar unha fina capa de xeo sobre o fío permitindo que poidades pescar o xeo!!   Extraordinario!!





     Outra alternativa é poñer colorante alimentario para facer xeo de cores e podedes mesturar as cores que queirades e logo podemos experimentar con eles.  Así, pescar asociando fío coa cor correspondente, ...   Tamén podedes poñer escarvadentes para completar un debuxo (se tedes mellor cartolina), experimentar con xeo sobre cartolina e unha vez seco, podedes facer un debuxo sobre un fondo tinguido de xeo de cores...





     Agardo que sexa do voso interese.  Deixade voar a vosa imaxinación seguro que saen experiencias divertidas!!
   
                                                          




Biquiños para tod@s!!



   

    

xoves, 2 de abril de 2020

O OVO SALTARÍN

    Ola a tod@s!!


  Hoxe vos propoño un novo experimento para fomentar nos peques e non tan peques o interese pola ciencia.

  Preparados para comenzarrrr??

  Precisamos dous ovos máis ou menos iguais, vinagre, auga e dous vasos ou recipientes transparentes.
  Primeira toma de contacto, tocar os ovos e comprobar que se tratan de dous ovos normais.
   Despois colocamos o ovo con moito coidado  neste caso  nun vaso. E o mesmo co outro. Nun cubrimos o ovo con auga e o outro con vinagre cubrindo o ovo por completo.


   Agora toca reposar os ovos durante tres días e imos ollando sen perder detalle.... 

              QUE  PASARÁ????
                                           
  •  Romperá? 
  •  Quedará pequeniño?       
  •  Convertirase nun ovo fritido??         
  • .......                                                 
           Pasados os tres días.....

     
                                        
    

QUE  ASPECTO TEN AGORA??

Con moito coidado sacamos o ovo e limpamos con auga os restos que poidan quedar...    E comparamos, xa non son dous ovos iguais!!  A cáscara desapareceu por completo!!    





   Se comparamos o tamaño, antes iguais. Pero, o ovo que estivo  durante tres días en vinagre aumentou lixeramente de tamaño. Sorprendente, verdade!!

    Agora coa axuda dunha lanterna  podemos ollar que a xema  segue flotando no seu interior. Ollade!!



   E como é a súa textura?? Pegañenta, de consistencia espesa e elástica.  O máis divertido e que ese ovo bota. Probamos a botar ese ovo sobre unha superficie lisa e efectivamente, bota mentres o lancemos dende baixa altura.
   Postos a experimentar, dende que altura temos que lanzalo para conseguir que rompa a parte externa do ovo?

   

               





  O ovo de goma é o resultado dunha reacción química entre o vinagre (ácido acétito) e o carbonato cálcico do que está formado a cáscara do ovo.
    
            Experimentade e xa contaredes as vosas impresións.  Agardo que vos guste!!