venres, 5 de xuño de 2020

ENSALADA VERANIEGA

Ola peques!

Xa case parece que chegou o verán, con esta calor. Así que vamos facer un prato moi fresquiño. Nesta ocasión faremos unha ensalada moi completa. Que nos vale para comer, cear, ou  acompañar a outro prato.

Hoxe é o día do Medio Ambiente e vamos celebralo con produtos da nosa horta, por eso tan mportante coidar e respetar a natureza para despois poder desfrutar de produtos que ela nos dá.

Facendo a nosa ensalada traballaremos a motricidade fina, conceptos moito-pouco, vocabulario...

Para facer a nosa ensalada utilizaremos os seguintes ingredientes:

  • leituga
  • tomate
  • cenoria
  • millo
  • ovo cocido
  • atún
  • sal
  • aceite
  • vinagre
Poñemos nun bol a leituga moi ben lavada e troceada, logo o tomate picado, o ovo picado, a cenoria relada, o millo e o atún. Agora aliñamos con sal, aceite e vinagre o gusto ( tamén se pode sustituír todo por maionesa). E lista para desfrutar.





Espero que vós guste e desfrutedes. Moitos bicos para tod@s.

BICOS BICOS E MÁIS BICOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!