venres, 12 de xuño de 2020

POLOS XEADOS

Ola peques!

Hoxe vamos a cociñar polos de xeado, para refrescarnos un pouco. É una sobremesa ou merenda  que gusta a case todo mundo.

Facendo os nosos xeados traballamos a motricidade fina, cores,temperatura...

Para facer os nosos polos de xeado utilizaremos:

  •    iogur natural
  •    iogur de chocolate
  •    amorodos
  •    chocolate
  •    galletas oreo
  •    zume de laranxa
  •    cubos de xeo ou uns vasos cunha culler tamén sirven
O primeiro que farmeos será poñer nun cubo iogur de chocolate con cachiños de chocolate, noutro cubo iogur natural con cachiños de fresa. Para facer outros xeados poñemos iogur de chocolate con cachiños de galleta oreo e no outro iogur natural con cachiños de galleta oreo e cachiños de chocolate. E por últimos faremos dous xeados, un de zume de laranxa e o outro de iogur natural con galleta oreo, iogur de chocolate. Nós facemos o noso gusto pero cada un pode poñerlle  os ingredientes que máis desexe.



Agora despois de 4 ou máis horas no conxelador, xa están listos para comer.



Deliciosos e frescos. Espero que vós gusten.  MOITOS MOITOS BICOS A TOD@S.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!