martes, 9 de xuño de 2020

COMO ARCIMBOLDO

Ola, ola caracola!
Esta semana imos coñecer a un pintor italiano que se chama Giuseppe Arcimboldo.
 Arcimboldo foi un pintor moi orixinal que realizaba retratos con flores, froitas, verduras, animais e prantas. 





Mirade que bonitos e creativos eran os seus cadros !!!
Animádesvos a pintar como Arcimboldo ?

Imos necesitar os seguintes materiais:
- papeis
- recortes de revistas, xornais ...
- rotuladores
- tesoiras
- pegamento

Podemos recortar a cariña dalgún xornal ou revista pero tamén a podemos debuxar e logo engadir as flores, as verduras, os animais, as froitas ou os obxectos que prefirades:




Espero que vos guste.
BIQUIÑOS PARA TOD@S !!!

2 comentarios:

  1. A Area le gustó mucho, sus palabras mientras lo estaba haciendo: ¡Es más divertido de lo que pensaba!

    ResponderEliminar
  2. Que ben!!!
    Canto me alegro. Area estás feita unha artista.

    ResponderEliminar

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!