xoves, 11 de xuño de 2020

POMPAS DE CORES

  Ola científic@s!
 Esta semana propóñovos un  experimento moi divertido.
  Precisamos:
   1 vaso de auga
   Medio vaso de deterxente líquido para lavar pratos.
   Un  bo chorro  de glicerina ou xel fixador do pelo ("gomina").
   Colorante alimentario, témpera ou acuarelas.
   Palliñas...
   Procedemento:
   Primero  mesturamos ben nunha xerra os ingredientes (auga máis deterxente líquido e logo o xel fixador). Se queredes mellorar os resultados podedes deixar a reposar un día enteiro.
   Despois podedes repartir o líquido en diferentes botes e poñer en cada un unhas gotas de colorante, témpera disolta ou acuarelas según escollades.
   Finalmente, meter palliñas en cada bote, remexedes un pouquiño e a probar se saen. Podedes probar cun embude, escurridor de xoguete, varias palliñas xuntas, cunha botella cortada pola metade,...   O que se vos ocorra para facer pompas diferentes.
 

Tamén podedes crear un fondo con pompas de cores nun folio, cartolina, mantel de papel,.. Despois da diversión,  unha vez que as pompas desaparezan vos quedarán as figuras artísticas.
Asegurádevos de protexer a roupa e a superficie!!

Unha vez seco o papel pódese empregar para diversas manualidades.

Animádevos a facer pompas de cores!!

Agardo que gocedes moito!!

Moitos biquiños para tod@s!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!