- Os recursos que vos vamos a compartir neste apartado son recursos que
se poden empregar sempre de forma VOLUNTARIA.
Non son actividades
obrigatorias en ningún caso.
É só un apartado con recursos. Están dispoñibles en caso de que queirades empregalos.
É importante
que saibades que:
o
Todos os contidos se retomarán nas aulas unha vez se poida volver
o
Non
facer as actividades non supón ningún prexuízo. Son só recursos para empregar se queredes repasar.
En calquera caso, é moi importante que recordedes:
En calquera caso, é moi importante que recordedes:
o
O reforzo positivo.
o Non todos/as maduran ó mesmo tempo.
o
Na etapa infantil o tempo de concentración é limitado, polo que non é
recomendable forzar os tempos de repaso.
APLICACIÓNS:
Coa app de PUPITRE podedes repasar unha chea de contidos.
- Está dispoñible para móbiles e tablet Android, descargándoa da seguinte dirección:
- Para Tablet IPAD, dende aquí:
Tamén coa app de Los increíbles Mun
SE PREFERIDES REPASAR EN PAPEL:
No seguinte documento podedes repasar de lóxica matemática para o alumnado de 4º de infantil.
O documento pódese descargar.
No seguinte documento podedes repasar de lóxica matemática para o alumnado de 5º de infantil.
O documento pódese descargar.
No seguinte documento podedes repasar de lóxica matemática para o alumnado de 6º de infantil.
O documento pódese descargar.
LECTOESCRITURA:
Recordade que cada neno e nena ten un
ritmo diferente e que en ningún caso a lectoescritura é unha finalidade
da educación infantil, xa que non todos están preparados para ela. Por iso nas
aulas tratamos de adecuarnos os distintos ritmos e non forzamos estos
coñecementos. Por exemplo, hai uns nenos e nenas
que simplemente coñecen algunhas letras, outros que son capaces de asociar
algúns sons, algúns que comezaron a ler, etc. E en todos os casos está ben e é un progreso adecuado e normal. O cerebro madura o seu ritmo e forzar o seu progreso lonxe de
axudar prexudica.
No seguinte documento podedes repasar no
campo da lectoescritura. O documento está máis ben orientado ó alumnado de 6º de infantil e tendo en conta que aínda neste nivel hai unha gran variedade de niveis. Traballa a letra ligada de vogais e as consoantes: p,m,l,s.
O documento pódese descargar.
No seguinte documento podedes repasar no campo da lectoescritura. O documento está máis ben orientado ó alumnado de 6º de infantil e tendo en conta que aínda neste nivel hai unha gran variedade de niveis. Traballa a letra ligada de vogais e as consoantes: p,m,l,s,t,d,n,f r.
O documento pódese descargar.


Muchísimas gracias!
ResponderEliminarMoitísimas grazas polos recursos.
ResponderEliminarA vós por participar!😄
ResponderEliminar