Para colgar algo no muro podedes facer clic no signo "+" da parte inferior dereita dos muros ou facer clic en calquera outra parte dentro do muro sen picar noutras publicacións ou arrastrar a imaxe u vídeo sobre o muro. Se facedes clic no signo "+" ou no muro ábrese un menú no que podedes escribir, subir a foto ou vídeo que queirades (máximo 10 MB), insertar un link, buscar algún arquivo de Google ou tomar unha foto a vosa cámara do voso dispositivo.
Dende o equipo de infantil queremos facilitarvos recursos que axuden a seguir en contacto coa escola. Trátase de actividades voluntarias que só pretenden repasar e ser un entretemento educativo. Botamos moito en falta o noso día a día xuntos/as e agardamos que nos vexamos pronto para unha aperta xigante! Mentres, este blogue só quere ser unha axuda. E recordade, por todos/as: Queda na casa!
Que manualidades tan chulis estades facendo chic@s NORABOA!!! Gústame moito ver todos os vosos traballos con todo tipo de materiais pero sobretodo gústame ver as vosas fotos no muro e comprobar que estades ben. Biquiños!!!
ResponderEliminarQue ledicia ver esas cariñas de tod@s @s nen@s!! Pero que creatividade tedes!! Sodes uns cracks!! O estades facendo XENIAL!! Biquiños para tod@s!!
ResponderEliminar🤩Que creativos😍! Sodes uns artistas!!!👏🏼👏🏼👏🏼
ResponderEliminarQue ben o estades facendo tod@s e que traballos tan chulis!!!Noraboa chic@s !!!
ResponderEliminar