Amosando publicacións coa etiqueta HOXE COCIÑO EU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HOXE COCIÑO EU. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2020

POLOS XEADOS

Ola peques!

Hoxe vamos a cociñar polos de xeado, para refrescarnos un pouco. É una sobremesa ou merenda  que gusta a case todo mundo.

Facendo os nosos xeados traballamos a motricidade fina, cores,temperatura...

Para facer os nosos polos de xeado utilizaremos:

  •    iogur natural
  •    iogur de chocolate
  •    amorodos
  •    chocolate
  •    galletas oreo
  •    zume de laranxa
  •    cubos de xeo ou uns vasos cunha culler tamén sirven
O primeiro que farmeos será poñer nun cubo iogur de chocolate con cachiños de chocolate, noutro cubo iogur natural con cachiños de fresa. Para facer outros xeados poñemos iogur de chocolate con cachiños de galleta oreo e no outro iogur natural con cachiños de galleta oreo e cachiños de chocolate. E por últimos faremos dous xeados, un de zume de laranxa e o outro de iogur natural con galleta oreo, iogur de chocolate. Nós facemos o noso gusto pero cada un pode poñerlle  os ingredientes que máis desexe.



Agora despois de 4 ou máis horas no conxelador, xa están listos para comer.



Deliciosos e frescos. Espero que vós gusten.  MOITOS MOITOS BICOS A TOD@S.

venres, 5 de xuño de 2020

ENSALADA VERANIEGA

Ola peques!

Xa case parece que chegou o verán, con esta calor. Así que vamos facer un prato moi fresquiño. Nesta ocasión faremos unha ensalada moi completa. Que nos vale para comer, cear, ou  acompañar a outro prato.

Hoxe é o día do Medio Ambiente e vamos celebralo con produtos da nosa horta, por eso tan mportante coidar e respetar a natureza para despois poder desfrutar de produtos que ela nos dá.

Facendo a nosa ensalada traballaremos a motricidade fina, conceptos moito-pouco, vocabulario...

Para facer a nosa ensalada utilizaremos os seguintes ingredientes:

  • leituga
  • tomate
  • cenoria
  • millo
  • ovo cocido
  • atún
  • sal
  • aceite
  • vinagre
Poñemos nun bol a leituga moi ben lavada e troceada, logo o tomate picado, o ovo picado, a cenoria relada, o millo e o atún. Agora aliñamos con sal, aceite e vinagre o gusto ( tamén se pode sustituír todo por maionesa). E lista para desfrutar.





Espero que vós guste e desfrutedes. Moitos bicos para tod@s.

BICOS BICOS E MÁIS BICOS.

venres, 29 de maio de 2020

MADALENAS CASEIRAS

Ola peques!

Hoxe fixemos madalenas, un rico almorzo, sobremesa, merenda; para cando queirades.

Facendo as nosas madalenas traballamos a motricidade fina, os números,o equilibrio, a báscula, debuxo, ...

Os ingredientes das madalenas son;

   -4 ovos
   -250 grs. de azúcre
   -medio vaso de aceite
   -200 grs. de fariña
   -fermento en po
   -moldes de papel
   -chocolate para decorar

O primeiro que fixemos foi bater os ovos e o azúcre, logo o aceite e por último añadimos a fariña co fermento. Unha vez ben batido  fomos poñendo a masa nos moldes de papel. Sin encher moito para cando suban no forno non se boten fóra do molde.






Unha vez a masa no molde metemos o forno 180º, uns 15 minutos, previamente quentado.




Cás nosas madalenas xa feitas, deixamos enfríar un pouco para logo decorar o gusto ou podemos deixar sen decorar que están igual de boas.





Esperamos que vós gusten. MOITÍSIMOS BICOS PARA TODOS.

venres, 22 de maio de 2020

CRUASANES RECHEOS DE CHOCOLATE

Ola peques!

Hoxe vamos a facer unha receita moi sinxeliña, cruasanes recheos de chocolate.

Con esta receita vamos a traballar a motricidade fina, envolvendo, pintando, cortando....

Para facer os cruasanes vamos usar os seguintes ingredientes:

   -masa de follado
   -chocolate
   -xema de ovo
 
Primeiro partimos a masa de follado en triángulos, logo colocamos una onza de chocolate e envolvemos. Por último pintamos cun pincel o cruasán, coa xema de ovo.



.

Despois de facer todos os cruasanes, metémolos ó forno 180º sobre 10 minutos e listos para comer.




ESPERO QUE TODOS ESTEADES BEN E MOITOS BICOS PARA TODOS.

venres, 15 de maio de 2020

GALLETAS EN FAMILIA

Ola peques!

Hoxe é 15 de Maio, día da familia, e para celebralo vamos a cociñar uhnas galletas e despois poder desfrutalas toda a familia.

Con esta receta vamos a traballar as formas, motricidade fina, cantidades, báscula...

Para facer as nosas galletas vamos precisar:

   -250 grs. de fariña
   -80 grs de manteiga
   -1 ovo
   -100 grs. de azúcre
   -lévedo en po
   -noces, pipas...
   -chocolate
   -moldes de galletas

Empezamos batindo nun recipiente a manteiga derretida, o azúcre e o ovo. Noutro recipiente botamos a fariña e o lévedo e mezclamos. Logo incorporamos a mezla anterior á fariña e batimos ata facer un boliño de masa, que deixaremos repousar na neveira sobre una hora, envolto nun plástico.




Despois de deixar reposar a masa, volvemos a amasar un pouco e estiramos para facer as nosas galletas, cós moldes que temos ( si non temos moldes cun vaso ou facemos boliñas que despois aplanamos). Unha vez feitas as galletas decoramos co que máis nos guste.




Despois de media hora decorando galletas metémolas o forno sobre 10 minutiños a 180º e listas. Sacámolas e puxémolas sobre a grella do forno a enfriar. Logo listas para comer con toda a familia.




Mirade que cousas máis chulas quedaron. Pois agora a comer.

Moitos bicos para todos. E feliz día da familia a todos.

venres, 8 de maio de 2020

PIZZA CASEIRA

Ola peques!

Aquí seguimos cociñando e toca facer pizza caseira. Con esta receita vamos traballar a textura, números, cantidades, temperatura, báscula,  partes da cara, formas, vocabulario...

Para facer a nosa pizza utilizaremos os seguintes ingredientes:

para a masa:
   -fariña( sobre 200 ou 300 grs.)
   -auga (150 ml.)
   -aceite
   -lévedo de panadaría
   -sal
para a cobertura ( o que se queira), nos usamos:
   -salsa de tomate
   -salchichas
   -tomate
   -embutido
   -queixo relado

Botaremos a fariña e o sal nun recipiente, o que engadimos aceite, auga e o lévedo. Despois amasamos coas mans, ata facer un boliño de masa. O cal debemos deixar repousar 2 horas.






Despois de dúas horas e cos nosos  boliños xa feitos, toca estirar  a masa. Nós farémola redonda para debuxar unha cara. Primeiro untamos con salsa de tomate e logo poñémoslle nariz, boca, ollos e ata mofletes. Por último espolvoreamos con queixo relado. Metemos o forno sobre 20 minutos (180 º).




Agora unha vez xa feitas, listas para desfrutar.




Espero que vós gusten.
 Un saúdo e moitos moitos bicos para todos.

venres, 1 de maio de 2020

Espetos de froita

Ola peques!!!

Seguimos cociñando, e neste caso vamos facer uns espetos de froita. Moi axeitadas para unha sobremesa, merenda, almorzo, ou calquer momento do día e bo para tomar unha froita.

Con esta receita estamos traballando diferente vocabulario, podemos contar as froitas, si é necesario pelalas ou non, a motricidade fina...

Para facer os nosos espetos utilizamos:

   -paus de madeira
   -mazá
   -amorodos
   -kiwi
   -mandarina
   -plátano
   -chocolate

Cada un pode usar as froitas que teña a man ou as que máis lle gusten.
 Para realizar o espeto vamos cravando alternativamente as diferentes froitas no pau de madeira. Cando teñamos o noso pau cheo de froitas poñémolo nun prato e botámoslle chocolate por enriba.
E xa están os nosos espetos feitos. A continuación podedes ver o vídeo:






E agora a comelas. MOITOS BICOS PARA TODOS...…….

venres, 24 de abril de 2020

O NOSO LIBRO

Ola peques!

Aquí seguimos cociñando. Nesta ocasión vamos a  facer unha sobremesa moi especial.
Xa que estamos na semana que se celebra o día do libro ,faremos os noso libro sobre a situación que estamos a vivir "Nos ficamos na casa".

Durante a elaboración da nosa sobremesa traballaremos a motricidade fina, as letras, diferentes texturas e como non o disfrute de facer o noso propio libro.

Para facer o noso libro utilizaremos os seguintes ingredientes:
   -masa de follado
   -nata
   -lápis de chocolate
   -amorodos
O primeiro que faremos é estirar a nosa masa cun rodete  e facer a forma dun libro. Logo meterémolo o forno a cocer ( 180º, uns 15 minutos).





Unha vez cocido decoraremos o noso gusto. Nos debuxamos un nen@ e unha casa decoradas con amorodos e chocolate. E logo escribimos cós lápis de chocolate  EU FICO NA CASA.





Cada un pode decorar o seu libro  como máis lle guste. E agora a comelo.
Espero que vós guste a nosa receta de hoxe.

MOITO ÁNIMO E BICOS PARA TODOS

venres, 17 de abril de 2020

TORRADAS

Ola peques!

Hoxe vamos a cociñar un almorzo, sobremesa, merenda… ou para calquer momento do día sentan ben unas, TORRADAS , riquísimas.

Para facer as nosas torradas precisamos:

   -pan (usamos barra de pan(que pode ser do día anterior), pan de molde normal e de torradas)
   -leite (o que precisemos) Tamén se lle pode botar ó leite canela ou vainilla.
   -ovos (os que precisemos) Nos usamos dous.
   -azúcre
   -mel
   -noces
   -aceite para fritir
   -moldes de figuras

Primeiro cortamos o pan e facemos as figuras de pan cos moldes. Logo poñemos nun prato o leite e noutro prato os ovos, os cales batiremos. Deseguido vamos empapando o pan primeiro no leite e o logo no ovo batido. E por último fritímolas.
Podedes ver o vídeo a continuación:



Agora só nos queda botar as torradas o noso prato e poñerlles encima , azúcre, noces, mel ou o que máis vós guste chocolate, nata, froitas, améndoas...






E agora só queda disfrutalas, sen pasarnos co azúcre, que algúns nenos gústalles moito.
Espero que vós gusten.

MOITOS MOITOS  BICOS PARA TODOS.

venres, 3 de abril de 2020

ROSQUILLAS CASEIRAS

Hoxe vámonos convertir en cociñeiros por un día. Vamos a facer rosquillas caseiras.
Para facer as nosas rosquillas precisamos:
    -3 ovos
    -150 grs. de azúcre
    -8 culleres de aceite
    -8 culleres de leite
    -fariña (a que precise)
    -unha culleriña de levadura
A continuación podedes  ver como mezclar os ingredientes. No cal podemos traballar a motricidade fina, os números contando as culleres, diferentes texturas,....




Agora co noso boliño de masa feito, facemos as rosquillas, ademáis  tamén podemos facer letras, números, o que se nos ocurra. Así traballaremos a nosa motricidade e sobre todo o que lles encanta, amasar, facer gusanos, envolver, estirar,....




Cas nosas rosquillas xa feitas só queda  fritilas, isto sempre ca axuda dun maior polo perigo que  supón. E por último, como non degustalas. Espero que vos gusten.




ANIMÁDEVOS A FACELAS. BIQUIÑOS.