venres, 8 de maio de 2020

PIZZA CASEIRA

Ola peques!

Aquí seguimos cociñando e toca facer pizza caseira. Con esta receita vamos traballar a textura, números, cantidades, temperatura, báscula,  partes da cara, formas, vocabulario...

Para facer a nosa pizza utilizaremos os seguintes ingredientes:

para a masa:
   -fariña( sobre 200 ou 300 grs.)
   -auga (150 ml.)
   -aceite
   -lévedo de panadaría
   -sal
para a cobertura ( o que se queira), nos usamos:
   -salsa de tomate
   -salchichas
   -tomate
   -embutido
   -queixo relado

Botaremos a fariña e o sal nun recipiente, o que engadimos aceite, auga e o lévedo. Despois amasamos coas mans, ata facer un boliño de masa. O cal debemos deixar repousar 2 horas.






Despois de dúas horas e cos nosos  boliños xa feitos, toca estirar  a masa. Nós farémola redonda para debuxar unha cara. Primeiro untamos con salsa de tomate e logo poñémoslle nariz, boca, ollos e ata mofletes. Por último espolvoreamos con queixo relado. Metemos o forno sobre 20 minutos (180 º).




Agora unha vez xa feitas, listas para desfrutar.




Espero que vós gusten.
 Un saúdo e moitos moitos bicos para todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!