Ola científic@s!!
Esta semana un experimento moi sinxeliño... Comenzamos??
Preparamos o material: folio, bastonciño ou pincel, limón e unha candea.
O primeiro que temos que facer cortar un limón. Deseguido premer medio limón é suficiente.
Logo debuxamos ou escribimos mollando o bastoncillo ou pincel no zume de limón. E deixamos secar ben.
Por último, coa axuda dun adulto e con paciencia dámoslle calor, pasando o folio por riba da candea.
Tachán!!!
Animádevos a escribir a vosa mensaxe segreda??
Agardo que gocedes con este experimento.
Biquiños para tod@s!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!