venres, 1 de maio de 2020

PAS CASEIRAS!!

  Ola  a tod@s!!

       Toca  desentumecerse!!

 Que vos parece se hoxe xogamos un pouco ao tenis??  Si, si pero imos a confeccionar as nosas propias pas!! Preparados??
   Precisamos:
   Dous pratos de papel ou cartón.
   Dous depresores ou pauciños, tamén serve cartón.
   Globos.
   Tesoira, revistas, pegamento...
    
   É  moi  sinxelo,  primeiro como eu non tiña pratos de papel, collín  un cartón e recortei dous círculos do tamaño dun prato entre o de café e o de sobremesa.


    Unha vez, recortados despois tocou decorar. Empregando recortes de revistas, pero podedes empregar xornais, folios de cores, ...  o que vós queirades!



    Despois pegar os depresores (ou o que teñamos para agarrar as pas) con silicona, cola ou pegamento forte.

    



                               E por último, inflar o globo e listo!!
Xa podemos comenzar a xogar!!

Algunhas propostas para xogar son:


           Frontón: Unha pequena mostra!





            Trazar camiños con cintas adhesivas no chan e facer percorridos botando o globo coa pa sen que caiga ao chan.



        Camiños con obstáculos: poñer peluches, rolos de papel hixiénico ou o que teñades a man e ser quen de sortealos botando o globo sen que caiga.

       Por parellas lanzar coa pa un globo.
       
       Por parellas  con dous globos, cada un lanza o globo ao mesmo tempo que o intenta mandar de volta sen que caiga.

       Carreiras para os que tedes máis espazo podedes organizar carreiras coa pa botando o globo, intentando chegar ao final do traxecto sen que caiga o globo máis de tres veces.

        Para os máis peques podedes prender o globo cunha lá á pa, así poden botar o globo igual e non o perden. 


             


              E despois de  tanto exercicio... Toca relaxarse un pouco non!!

            Volta á calma con Yogic! Que o disfrutedes moito en familia!!
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!