Ola chic@s, cómo estades? Espero que moi ben.
Para o reto desta semana necesitamos:
- tesoiras ou cúter.
- cartón.
- pinturas se queremos.
Para sacarlle partido ao cartón que temos pola casa podemos crear éstas formas inspiradas no material de Grimms. Con líneas rectas de distintos tamaños e formas semicirculares, podemos crear todo aquelo que a nosa imaxinación nos permita.
Poden colorear cada peza dunha cor e crear cidades, paisaxes, personaxes, traballar a lectoescritura...
Un xogo moi sinxelo para traballar a conciencia fonolóxica sería reproducir o son dunha letra e que eles constrúan a grafía. Tamén poden construír letras para formar palabras relacionadas con temas do seu interese. É un material que se fai moi rápido e resulta moi sinxelo.







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!