xoves, 7 de maio de 2020

AREA MÁXICA

   Ola a tod@s!!
  
     Hoxe propoñémosvos  experimentar con area máxica, unha masa branda e suave ao tacto. A textura é moi semellante a area da praia que nos permite facer formas  do máis variadas con ou  sen moldes, deixando que @s nen@s deixen voar a súa imaxinación e creatividade. Escribir letras, números, facer trazos con ou sen modelo, ... deste xeito aprenden xogando.  Para facelo máis atractivo podedes empregar colorante para tinguir a area.
     Precisamos:
   1 taza de area fina
   1 culleriña e media de fécula  de millo
   1 culleriña de xabón líquido
   Un pouco de auga 
   
    Comenzamos??
     Colocamos nun bol a area fina (eu collín un pouco de area dun tope de porta) e a fécula de millo.   Agregamos unha culleriña de xabón e un pouco de auga mesturando ben ata que a masa teña consistencia.
    
     Logo deixamos secar entre dúas horas  máis ou menos. 
      

E pasado ese tempo, xa teremos a masa lista para xogar!
     Se vos gusta podedes ampliar as cantidades para ter máis posibilidades de xogo.
Gárdase en tarros herméticos e dura máis tempo, no caso de que a area entre xogo e xogo se seque, podedes agregar un  chisco de auga xabonosa. Deste xeito, restaurará a consistencia desexada.

     Se non tedes area, outra versión é empregando 8 tazas de fariña cunha taza de aceite de bebé (ou outro aceite), mesturando ben estes ingredientes xa temos outra versión desta masa sensorial. Podedes poñer tazas, culleres, outros xoguetes que teñades...
        
            XOGADE, CREADE E GOZADE XUNTOS!!
           E logo toca unha boa limpeza pero vale a pena!!
Biquiños para tod@s!!

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!