venres, 29 de maio de 2020

MADALENAS CASEIRAS

Ola peques!

Hoxe fixemos madalenas, un rico almorzo, sobremesa, merenda; para cando queirades.

Facendo as nosas madalenas traballamos a motricidade fina, os números,o equilibrio, a báscula, debuxo, ...

Os ingredientes das madalenas son;

   -4 ovos
   -250 grs. de azúcre
   -medio vaso de aceite
   -200 grs. de fariña
   -fermento en po
   -moldes de papel
   -chocolate para decorar

O primeiro que fixemos foi bater os ovos e o azúcre, logo o aceite e por último añadimos a fariña co fermento. Unha vez ben batido  fomos poñendo a masa nos moldes de papel. Sin encher moito para cando suban no forno non se boten fóra do molde.






Unha vez a masa no molde metemos o forno 180º, uns 15 minutos, previamente quentado.




Cás nosas madalenas xa feitas, deixamos enfríar un pouco para logo decorar o gusto ou podemos deixar sen decorar que están igual de boas.





Esperamos que vós gusten. MOITÍSIMOS BICOS PARA TODOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!