QUE PRECISAMOS?
Unha bandexa
Sal/area/fariña ou calquera elemento continuo que teñades pola casa.
Rotus
Folios
COMO O FACEMOS?
Debuxamos números na bandexa, podemos empregar un folio.Cubrimos os números de sal, area ou o elemento que decidamos empregar.


Facemos diferentes cartóns de bingo. Para os máis maiores, en lugar de números podemos empregar sumas sinxeliñas para traballar o cálculo mental.
Buscamos números na nosa bandexa e imos marcando no noso cartón os que temos, no caso das sumas, deberemos atopar unha suma que nos dea ese resultado.
Podedes empregar todas as variantes que se vos ocorran!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A ACTIVIDADE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!