martes, 26 de maio de 2020

VERMIÑO DE PAPEL PARA XOGAR

Ola, ola caracola !!!
Esta semana imos facer unha manualidade para xogar, coma sempre con materiais moi sinxelos.
Preparados !!!
Imos necesitar:
- papel
- rotuladores ou pinturas
- tesoiras
- palliñas

O primeiro que temos que facer é recortar unha tira de papel (15x3 cm.)
E dobrar pola metade:
Dobramos as esquinas hacia dentro:
E o volvemos a dobrar outra vez:
Para que nos quede así:
Despois temos que darlle forma ao noso vermiño recortando as esquinas:
Por último debuxamos os ollos e a boca e xa o temos rematado:
Agora o máis divertido é xogar con el. Temos que soprar pola palliña para que o vermiño se mova:


Podemos facer tamén carreiras de vermiños e xogar coa nosa familia:

Espero que vos guste e que pasedes un rato divertido!
BIQUIÑOS PARA TOD@S !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!