
Para facer as diferentes figuras xeométricas podedes empregar papel de revista ou de xornal que teñades pola casa.
Se creades figuras "abstractas" podemos xogar a inventarlles un nome, unha función ou utilidade. Despois de facer as vosas figuras podedes tratar de debuxalas.
Unha vez experimentemos de forma autónoma coas diferentes figuras, podemos proporcionarlles intrucións, como por exemplo que só poden empregar unhas figuras determinadas ou ben un número concreto de figuriñas. Podemos tamén darlles modelos de figuras para que traten de reproducilas.
Podemos empregar todas as variantes que se nos ocorran, xogando coas cores e as diferentes figuras.
Esperamos que o pasedes moi ben montando as vosas figuras.
Estamos desexando velas:)





Valeria 5° B e a súa irmá maior fixeron un tangram e experimentaron diferentes figuras con el!
ResponderEliminar