venres, 24 de abril de 2020

O NOSO LIBRO

Ola peques!

Aquí seguimos cociñando. Nesta ocasión vamos a  facer unha sobremesa moi especial.
Xa que estamos na semana que se celebra o día do libro ,faremos os noso libro sobre a situación que estamos a vivir "Nos ficamos na casa".

Durante a elaboración da nosa sobremesa traballaremos a motricidade fina, as letras, diferentes texturas e como non o disfrute de facer o noso propio libro.

Para facer o noso libro utilizaremos os seguintes ingredientes:
   -masa de follado
   -nata
   -lápis de chocolate
   -amorodos
O primeiro que faremos é estirar a nosa masa cun rodete  e facer a forma dun libro. Logo meterémolo o forno a cocer ( 180º, uns 15 minutos).





Unha vez cocido decoraremos o noso gusto. Nos debuxamos un nen@ e unha casa decoradas con amorodos e chocolate. E logo escribimos cós lápis de chocolate  EU FICO NA CASA.





Cada un pode decorar o seu libro  como máis lle guste. E agora a comelo.
Espero que vós guste a nosa receta de hoxe.

MOITO ÁNIMO E BICOS PARA TODOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!