venres, 17 de abril de 2020

TORRADAS

Ola peques!

Hoxe vamos a cociñar un almorzo, sobremesa, merenda… ou para calquer momento do día sentan ben unas, TORRADAS , riquísimas.

Para facer as nosas torradas precisamos:

   -pan (usamos barra de pan(que pode ser do día anterior), pan de molde normal e de torradas)
   -leite (o que precisemos) Tamén se lle pode botar ó leite canela ou vainilla.
   -ovos (os que precisemos) Nos usamos dous.
   -azúcre
   -mel
   -noces
   -aceite para fritir
   -moldes de figuras

Primeiro cortamos o pan e facemos as figuras de pan cos moldes. Logo poñemos nun prato o leite e noutro prato os ovos, os cales batiremos. Deseguido vamos empapando o pan primeiro no leite e o logo no ovo batido. E por último fritímolas.
Podedes ver o vídeo a continuación:



Agora só nos queda botar as torradas o noso prato e poñerlles encima , azúcre, noces, mel ou o que máis vós guste chocolate, nata, froitas, améndoas...






E agora só queda disfrutalas, sen pasarnos co azúcre, que algúns nenos gústalles moito.
Espero que vós gusten.

MOITOS MOITOS  BICOS PARA TODOS.

2 comentarios:

  1. Me declaro fan de Anxo y Alba!! Yo también pondría dos de azúcar o tres incluso!! Gracias Carmen por abrirnos las puertas de vuestra casa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A quen lle amarga un bo doce, seña de azúcre ou.....Moitas grazas.

      Eliminar

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!