Ola a tod@s!!
Hoxe propóñovos experimentar con espuma de afeitar!!
No caso de que non teñades, podedes probar con nata mellor a caseira. Xa que a nata mercada non ten tanta consistencia.
Precisamos:
Unha fonte ou cubeta.
Espuma de afeitar.
Colorante alimentario.
Escarvadente ou pauciño.
Un anaco de cartón ou papel de cociña.
Cartolina, tesoira e rotus.
Primeiro poñemos espuma de afeitar nunha fonte e logo botamos pingas de colorante alimentario..
Precisamos:
Unha fonte ou cubeta.
Espuma de afeitar.
Colorante alimentario.
Escarvadente ou pauciño.
Un anaco de cartón ou papel de cociña.
Cartolina, tesoira e rotus.
Primeiro poñemos espuma de afeitar nunha fonte e logo botamos pingas de colorante alimentario..
Unha vez cuberta a superficie de moitas pingas de cores, coa axuda dun escarvadente, pauciño, o que teñades á man, imos facendo un debuxo para logo crear a nosa composición.
Importante non remexer continuamente para que non resulte fallida esta experiencia. Así, poderíamos facer os debuxos que queiramos!!
Despois poderíamos plasmar a nosa creación nunha cartolina. Simplemente teríamos que presionar a cartolina e agardar un chisquiño.
Deseguido levantamos a cartolina e coa axuda dun cartón retiramos a espuma (poñemos sobre un xornal para que @s nen@s lles sexa máis doado retirar a espuma), se queda algún resto podémolo retirar co papel de cociña. E ollamos como quedou impresa a nosa obra de arte!! Deixandoa sobre o xornal para que seque.
Permite debuxos do máis variado podendo volver a empregar outra vez, simplemente teríamos que botar outras pingas de cores e facer os debuxos coa axuda do escarvadente, pauciño... Cada unha será unha creación única!!
Entón poderíamos facer unha tarxeta cun debuxo e unha palabriñas bonitiñas ou o que se vos ocorra. Vos parece??
Eu fixen unha para a miña nai!
Ssssssssssssssh!!! Que é unha sorpresa!!😉
Agardo que vos guste esta experiencia!!
Xa comentaredes con que vos sorprenden os vosos peques!!
Biquiños para tod@s!!









Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!