Esta semana imos facer un xogo de encestar para divertirnos e disfrutar coa nosa familia.
Necesitamos os seguintes materiais:- un bote de iogur
- papel de xornais ou de revistas
- rotuladores ou pinturas
- cello
- punzón ou tesoiras
- la
E se queremos decorar o noso xogo tamén necesitaremos papel pero non é necesario:
O primeiro é decorar o papel como máis nos guste. Eu utilicei rotuladores:
Logo temos que pegar o papel no bote do iogur ou tamén o podemos suxeitar cun pouquiño de cello:
Na base do bote temos que facer un buratiño cun punzón ou unha tesoira (aquí é mellor que nos axuden os maiores):
Tamén temos que facer unha bola pequena cos xornais (ten que poder entrar e saír do bote con facilidade ):
Agora co cello temos que unir a la a nosa boliña, ben forte para que non se solte:
E por último pasar o outro extremo da la polo buratiño que está na base do bote e facer un nó:
E xa está listo o noso xogo !!!! Agora toca encestar e divertirnos. Espero que vos guste:
Se queredes podedes compartir os vosos xogos no MURO DE MANUALIDADES que está na páxina principal.
BIQUIÑOS PARA TOD@S ¡¡¡

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!