Esta semana imos facer caras divertidas. Precisamos poucos materiais e moita imaxinación!!!
Materiais:
- revistas, xornais ...
- tesoiras
- pegamento
- folios
Temos que buscar en revistas ou xornais distintas partes da cara e recortar ollos, nariz, boca, orellas, pelo ...
Agora temos que debuxar nun folio as caritas e recortar. Poden ser de diferentes tamaños:
E o último e máis divertido e ir pegando os ollos, o nariz, a boca, as orellas, o pelo e os diferentes complementos como máis vos gusten :
E tamén se queremos podemos poñer o corpo:
Espero que pasedes un rato divertido. Xa estou desexando ver as vosas caras ¡¡¡
BIQUIÑOS E ABRAZOS DE OSO PARA TOD@S ¡¡¡






Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!