mércores, 8 de abril de 2020

As nosas figuras

Na lóxicomatemática non só traballamos números, tamén necesitamos traballar formas xeométricas, distribución do espazo, representación da realidade...
Para facelo dende a casa dunha forma manipulativa ocorréusenos facer un xeoplano. É moi sinxelo. COMEZAMOS.

QUE NECESITAMOS?

1 taboleiro cadrado, de cartón.
Tapóns ou chinchetas.
Gomas


COMO FACEMOS?

1º.- DECORAMOS O CARTÓN: neste caso pintámolo con témpera pero podedes empregar o que máis vos guste.









2º.- PEGAMOS TAPÓNS: Pegamos tapóns con silicona quente, super glue ou calquera pegamento forte. Debemos colocar as filas o máis rectas posible.

3º.- A XOGAR:

Primeiro deixamos que experimenten colocando as gomas e facendo as formas e figuras como consideren.

Despois de experimentar facemos liñas verticais e horizontais, dámoslles instruccións, longas/curtas.









Unha vez collan soltura no manexo das gomas podemos empezar a facer as figuras xeométricas que coñezan segundo o nivel de desenvolvemento.









Cando dominen as figuras xeométricas poden combinalas para facer debuxos.



Podemos darlles modelos para que traten de reproducilos. Na web podedes atopar diferentes modelos.


ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES FACENDO E XOGANDO CO XEOPLANO.

XA QUEDA MENOS PARA VERNOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!