Materiais que precisamos:
- 1 taboleiro de cartón groso, senon tedes, podedes pegar varios cartóns uns encima dos outros.
- 9 tapóns.
- Folios, cartolinas ou cartóns.
- Rotus.
Como o facemos?
1º.- Facemos 9 buratos no cartón do tamaño dos tapóns que imos empregar. Podedes pintalo se queredes decoralo un pouquiño.
2º.- Debuxades frechas nos 9 tapóns (nós empregamos 3 de cada color, podedes empregar máis cores para dificultar a actividade). Nós empregamos frechas para traballar a lateralidade pero podedes empregar figuras xeométricas, cores ou o que desexedes traballar con eles.
3º.- Debuxades diferentes patróns para reproducir cos tapóns.4º.- A XOGAR: podedes ir aumentando o nivel de dificultade engadindo cores. Para os máis maiores en lugar de patróns visuais podedes empregar ordes orais. Por exemplo " frecha cara a dereita de cor azul".
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO XOGANDO E APRENDENDO!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!