xoves, 16 de abril de 2020

A PESCAR!!


 Ola a tod@s!!

 Hoxe vos propoño unha reflexión...
  Como facemos xeo?  Ollaches xeo de cores? ...
   Unha vez debatido sobre o tema, a continuación procedemos ....
   
   Tanto a solidificación como a fusión son dous cambios de estado, neste caso da auga. Así, a solidificación acontece ao pasar a auga líquida a sólida por un descenso da temperatura (en cubetas no conxelador). E a fusión é o paso contrario, o paso de sólido a líquido, pola calor sometido ó xeo que se derrite e pasa a un estado líquido.



   Podedelo comprobar botando auga quente nun vaso e logo por riba un coador con tres xeos, parte da auga quente convírtese en vapor. E o vapor que está debaixo do xeo volve a enfriarse e se transforma en auga. Esto chámase condensación.  
   Deste xeito, pequenas gotas de auga quedan suspendidas no aire formando a néboa.

    É un experimento sinxelo, fácil e divertido; sendo os nen@s os protagonistas en todo momento.

    Unha vez aclarado un pouco,  voltamos a pregunta inicial...  Pescamos xeo?? Si, si pescamos xeo pero como??

     Botamos auga nun vaso ou nunha fonte transparente  e dentro varios xeos. Logo cortamos fíos, lás ....un pouco longos que nos permitan coller por ambos lados. Deixamos que os peques intente pescar os xeos...

       


    Non sodes capaces???  Tedes que botar unhas areiñas de sal sobre o xeo e o fío ou lá. Agardades uns minutiños e intentadeo novamente.





 O sal derretirá o xeo e a auga fría volverá a formar unha fina capa de xeo sobre o fío permitindo que poidades pescar o xeo!!   Extraordinario!!





     Outra alternativa é poñer colorante alimentario para facer xeo de cores e podedes mesturar as cores que queirades e logo podemos experimentar con eles.  Así, pescar asociando fío coa cor correspondente, ...   Tamén podedes poñer escarvadentes para completar un debuxo (se tedes mellor cartolina), experimentar con xeo sobre cartolina e unha vez seco, podedes facer un debuxo sobre un fondo tinguido de xeo de cores...





     Agardo que sexa do voso interese.  Deixade voar a vosa imaxinación seguro que saen experiencias divertidas!!
   
                                                          




Biquiños para tod@s!!



   

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!