venres, 24 de abril de 2020

Psicomotricidade 1!

Ola familias!!!!

Pese a que vos facilitamos recursos de psicomotricidade no documento que vos colgamos e enviamos ó comezo desta situación (e que podedes revisar no apartado de RECOMENDACIÓNS deste blogue), queremos facervos algunhas propostas de
forma semanal igual que facemos coas outras áreas de coñecemento e desenvolvemento.

Esta semana propoñemos
2 actividades: un xogo de puntería e unha actividade intensa e divertida de Zumba.

XOGO DE PUNTERÍA COS NOSOS AXUDANTES ANXO E ALBA!
Necesitades:
          -1 Caixa a que lle debedes facer unha abertura e que podedes decorar para xogar outras veces. 
          -1 Pau de golf. Se non tedes podedes facelo como no vídeo cun vaso de plástico suxeito a unha barra ou o pau do recolledor, por exemplo. Podedes empregar outras cousas que poidades adaptar.
          -1 Pelota ou bola de papel.


ZUMBA!!!
Seguimos con movemento!! Recomendamos facer a coreo polo menos un par de veces para ver primeiro cómo é, e logo xa sairá máis rodada. Agardamos que vos divirtades moito facéndoa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!