mércores, 15 de abril de 2020

Chegou a primavera

Propoñémosvos unha nova actividade, nesta ocasión imos aproveitar a estación na que nos atopamos para experimentar...

QUE NECESITAMOS?

Papel, cartón ou cartolina
Rotus, ceras, témpera ou acuarelas
Limpiapipas, depresores ou lá
Pinzas da roupa


COMO O FACEMOS?

1º.- DEBUXAMOS E DECORAMOS FLORES: Debuxamos flores sen tallo no material que consideremos e decorámolo. Nós empregamos témpera con bastonciños, aínda que rematamos empregando toda a man😅



2º.- PEGAMOS O TALO: nós empregamos limpiapipas pero podemos empregar depresores, lá ou o que teñamos á man na casa.

3º.- A XOGAR: moitas das actividades xa as propuxemos con outros materiais, trátase de experimentar de forma manipulativa co máximo número de materiais que teñamos á nosa disposición para que interioricen os diferentes conceptos en relación co  número e co conteo.

- Ordenamos as flores en orde ascendente e/ou descendente.


- Sacamos unha flor da serie e tratamos de adiviñar cal falta.


- Collemos unha flor e buscamos
a que vai antes e a que vai despois.


- Poñemos tantas pinzas no talo como nos indica o número, ou ben os puntiños, dependendo do seu nivel de desenvolvemento, teremos en conta se coñecen ou non os números e podemos empregar puntiños para que conten e poñan as pinzas en lugar de números.

- Descompoñemos os números. Imos poñendo pinzas a un lado e a outro do talo para buscar diferentes formas de compoñer o número que temos na flor.





- Para iniciar a suma ou a resta, podemos escribir nas flores sumas ou restas sinxelas para que coloquen o resultado coas pinzas.

Esperamos que vos guste a actividade.

MOITO ÁNIMO! Unha semaniña menos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!