Esta semana imos facer os nosos quebracabezas caseiros. Imos necesitar os seguintes materiais:
- recortes de revistas, xornais ...
- tesoiras
- pegamento
- folios ou cartolinas
Preparados que empezamos!!!
O primeiro que temos que facer é buscar recortes de fotos de revistas, de xornais... pero tamén podemos empregar os nosos debuxos. Eu por exemplo tamén utilicei imaxes de calendarios que tiña doutros anos:
Agora temos que recortar as pezas pero non poden ser moi pequenas porque senón vai a ser moi complicado facer o quebracabezas. Canto máis pequenos sexamos menos pezas, sempre en función da nosa idade:
Agora xa podemos facer os nosos puzzles:
Podemos pegar os nosos quebracabezas en folios ou cartolinas ou tamén os podemos gardar nunha caixiña para facelos tantas veces como queiramos.
Espero que vos guste esta nova manualidade.
BICOS PARA TOD@S !!!











Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!