Aquí vos deixamos os consellos e outras informacións importantes para o novo alumnado que comezará con nós o próximo curso en 4º de infantil (3 anos) e as recomendacións para o verán para o alumnado que fixo con nós 4º, 5º e 6º de EI este
ano.
Recomendacións para o alumnado de 4º de infantil (3 anos) que pasa a 5º de infantil!!!
RECOMENDACIÓNS 5º INFANTIL
Recomendacións para o alumnado de 5º de infantil (4 anos) que pasa a 6º de infantil!!!
RECOMENDACIÓNS 6º INFANTIL
Recomendacións para o alumnado de 5º de infantil (4 anos) que pasa a 6º de infantil!!!
Nas vacacións @s pais/nais tedes máis tempo para estar cos vos@s fill@s e para facer xuntos actividades como viaxar, ir ao monte, á praia... Aproveitando esto e as tarefas diarias na casa, pódense realizar outras actividades que axuden á maduración e ao desenrolo dos nen@s:
- É importante que os nen@s teñan responsabilidades na casa e asuman encargos sinxelos: vestirse sós, ducharse, poñer e quitar a mesa, recoller os xoguetes e a roupa ...
- É importante que os nen@s teñan responsabilidades na casa e asuman encargos sinxelos: vestirse sós, ducharse, poñer e quitar a mesa, recoller os xoguetes e a roupa ...
- Axudar a facer a lista da compra intentando escribir ou ler alguna palabra e contar as que hai.
- Intentar ler os letreiros dos sitios polos que pasan. Nombrar o que van vendo para aumentar o seu vocabulario.
- Falar cos nen@s nunha linguaxe clara e contestar as súas preguntas dando as explicacións oportunas, escoitándoos e razoando con eles.
- Contarlles contos a diario e facerlles preguntas sobre eles, escribir o título ou o nome dos
personaxes.
- Deixar que"lean" eles ou que inventen os contos, cambiar o final, debúxalos...
- Facer debuxos e escribir o nome do que debuxan.
- Buscar letras ou palabras en contos, revistas, catálogos, etiquetas.. adiviñar o que pon, como se escribe..., copialas.
- Imitar trazos, tanto no papel como na area, na auga, no aire...
- Recortar e pegar imaxes e palabras de revistas, catálogos..
- Repasar figuras e camiños feitos en papel e recortalos ( en ondas, en zig-zag).
- Colorear, recortar, pintar, rasgar e arrugar papel, facer boliñas, figuras de plastilina ou arcilla para favorecer a motricidade fina.
- Exercicios de sopro: con papeis, carreiras de boliñas, soprar con palliña, facer pompas...
- Imitar sons do entorno, de obxectos (teléfono, reloxo ,timbre...), de animais...
- Abrir e pechar botes. enroscar e desenroscar.
- Ver números en etiquetas, botes, números de teléfono, nº de portais, matrículas e escribilos.
- Agrupar obxectos según un criterio: por exemplo tamaño, cor, forma ...(pelotas, paus, pedras, cunchas...) e contalos.
- Manipular obxectos pequenos: garavanzos, lentellas...
- Xogar con puzzles, dominós, barallas, parchís, oca ...e outros xogos de mesa.
- Na praia ou no areeiro, engadir auga e amasar, facer boliñas grandes, pequenas, medianas...
churros, montañas, castelos ...
Pero o máis importante é lembrar que:
O VERÁN É UN TEMPO PARA ESTAR EN FAMILIA, AO AIRE LIBRE, PRIORIZAR O XOGO E AS RELACIÓNS SOCIAIS E PARA DEBUXAR, SALTAR, CORRER, NADAR, CONSTRUIR, CREAR, IMAXINAR, SOÑAR, BAILAR, EXPERIMENTAR ... E SOBRE TODO DISFRUTAR !!!
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS !!!
RECOMENDACIÓNS 6º INFANTIL
Recomendacións para o alumnado de 6º de infantil (5 anos) que pasa a 1º de primaria!!!

Muchísimas gracias!
ResponderEliminarEsperamos que os sean útiles😉!
ResponderEliminar