QUE PRECISAMOS?
Papel
Pinturas de cores
COMO O FACEMOS?
Debuxamos diferentes calcetíns con números dentro, ou ben con puntiños no caso dos nenos e nenas que aínda non recoñezan o número.
Debuxamos tamén os pés con números ou puntiños dentro.
A XOGAR
Colocamos os calcetíns ou os pés por orde facendo unha serie numérica.
Buscamos o anterior e o posterior.
Emparellamos calcetíns que leven o mesmo número, ollo que non teñen por que ser da mesma cor.
Emparellamos os pés co calcetín que lle corresponde, ou ben co mesmo número, cos mesmos puntos ou emparellando número con puntiños.Para os máis maiores podemos empregar este sistema para o inicio na suma e deben buscar que calcetín suma cos puntiños colocados en diferente parte o número que teñen no pé que lles corresponde.
ÁNIMOOOOO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!