martes, 16 de xuño de 2020

Última sesión de estimulación da linguaxe!


Ola familias!
Nesta última entrada de Audición e Linguaxe, quero presentarvos
varios materiais:
  •        Por unha banda, unha táboa sobre a adquisición dos fonemas, elaborada pola logopeda Laura Bosch, para que teñades unha orientación sobre a evolución na emisión dos fonemas.



  •        Por outra banda, un recopilatorio de actividades interactivas moi divertidas, por si vos apetece facer algunha en familia durante as vacacións de verán.


  • Finalmente, unhas pautas para a estimulación da linguaxe oral, da compañeira Lola García Cucalón, que comparto. Moitas veces necesitamos ver as recomendacións por escrito para deternos a analizar o que estamos a facer ben e mal cos nosos/as fillos/as.


Gustaríame despedirme non sin antes darvos as grazas pola vosa colaboración e participación neste trimestre tan atípico e complicado. Agardo que as actividades presentadas fosen do voso interese e que o pasárades ben realizándoas en familia.
Bo verán! Ata setembro!
Bicos e abrazos virtuais da profe Marta!

3 comentarios:

Animádevos a deixar un comentario ;) Non esquezades o nome!