Esta semana imos facer a nosa árbore de primavera. É unha manualidades sinxela onde empregamos, coma sempre, materiais que podemos ter habitualmente na casa. Tamén podemos sustituir uns materiais por outros. O importante é poñerlle moitas gañas e imaxinación !!!
- papeis: poden ser de cores, de xornais, de revistas, estampados, de agasallo ...
- tesoiras
- pegamento
- un folio, un cartón ou unha cartolina
O primeiro que temos que facer é recortar círculos de diferentes tamaños: grandes, medianos e pequenos:
Despois temos que pegar os círculos do máis grande ao máis pequeno mesturando as cores como máis nos gusten:
Por último nun folio ou cartolina pegamos o tronco e imos engadindo as flores de cores:
Podemos facer diferentes combinacións:
Esta árbore por exemplo está feita con papeis de revistas:
BIQUIÑOS PARA TOD@S !!!






Hola a todos!! Hemos hecho un árbol de lo más original, único! Frutas geométricas...aprovechamos para escribir y repasar números y formas...vamos, 4 por uno
ResponderEliminarQue ben Rocío! De iso se trata. Dunha actividade proposta pódense facer moitas outras actividades que se nos ocurran. Hai que deixar voar a imaxinación e a creatividade e sobre todo divertirse. Un saúdo.
ResponderEliminarOla, ola caracola !!! Grazas polas vosas fotos e polos vosos traballos. Están xenial e gústanme moito todas as cousiñas que estades facendo. Tamén me gustaría decirvos que sodes uns campeóns e que o estades facendo fenomenal. As profes temos moitas ganas de vervos a tod@s pero de momento hai que quedar na casa. Moitos bicos e abrazos de oso !!!
ResponderEliminar