Hoxe vámonos convertir en cociñeiros por un día. Vamos a facer rosquillas caseiras.
Para facer as nosas rosquillas precisamos:
-3 ovos
-150 grs. de azúcre
-8 culleres de aceite
-8 culleres de leite
-fariña (a que precise)
-unha culleriña de levadura
A continuación podedes ver como mezclar os ingredientes. No cal podemos traballar a motricidade fina, os números contando as culleres, diferentes texturas,....
Agora co noso boliño de masa feito, facemos as rosquillas, ademáis tamén podemos facer letras, números, o que se nos ocurra. Así traballaremos a nosa motricidade e sobre todo o que lles encanta, amasar, facer gusanos, envolver, estirar,....
Cas nosas rosquillas xa feitas só queda fritilas, isto sempre ca axuda dun maior polo perigo que supón. E por último, como non degustalas. Espero que vos gusten.
ANIMÁDEVOS A FACELAS. BIQUIÑOS.
Dende o equipo de infantil queremos facilitarvos recursos que axuden a seguir en contacto coa escola. Trátase de actividades voluntarias que só pretenden repasar e ser un entretemento educativo. Botamos moito en falta o noso día a día xuntos/as e agardamos que nos vexamos pronto para unha aperta xigante! Mentres, este blogue só quere ser unha axuda. E recordade, por todos/as: Queda na casa!
Riquísimas Carmen!
ResponderEliminarPerdón, que non saíu a miña identidade!!Somos Miguel, Roi, Rocío e Carlos, estuvemos facendo rosquillas e letras, e ademais intentamos ensucialo todo...un abrazo a todos
EliminarOla, alegrome moito de que ensuciárais todo, de eso se trata, e despois desfrutalas. Moitos bicos para todos.
EliminarPasamos un rato súper
ResponderEliminardivertido,disfrutaron moito amasando e apretujando ben a masa!!! A verdade é q sairon moi ricas...e cuna pouco de 🍬 por encima ainda mellor!!!